Emma Olsen, escritora galardoada cun Premio Pulitzer, regresa ao seu pobo natal de Faith (unha pequena localidade do Medio Oeste americano) nos seus últimos meses de vida, afectada por un cancro terminal. Decide escribir o seu «derradeiro libro», non unha novela convencional, senón unha crónica íntima e confesional en primeira persoa sobre os seus anos finais de adolescencia, unha etapa marcada por amores secretos, culpa corrosiva e decisións irreversibles